PRESENTACIÓN DA AE-IC
A Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC) nace coa vontade de potenciar a investigación da comunicación no conxunto da política científica, facilitar a cooperación e crear redes de intercambio de información entre investigadores/as, e establecer unha política de cooperación con asociacións internacionais de investigación.
OBXECTIVOS
1. Potenciar a investigación da comunicación no conxunto da política científica.
2. Facilitar a cooperación e crear redes de intercambio entre investigadores/as.
3. Establecer unha política de cooperación con asociacións internacionais de investigación, especialmente coas especializadas en comunicación de ámbito europeo ou latinoamericano.
4. Representar o ámbito dos estudos da comunicación ante as instancias responsables da política española e europea de I+D.
5. Difundir a investigación dos asociados.
6. Establecer relacións de intercambio entre os membros da asociación, a institución académica e os axentes do sector da comunicación.
7. Promover e apoiar iniciativas de mozos/as investigadores post-doctorales.
8. Incidir e participar na axenda pública naquelas cuestións vencelladas á comunicación promovendo a democratización e o desenvolvemento profesional do sector.
9. Difundir o coñecemento científico en comunicación entre a sociedade civil a través dos grupos, congresos e as actividades promovidas pola entidade.
10. Colaborar con distintas organizacións e entidades tanto públicas como privadas que compartan os principios e obxectivos da promoción xeral do coñecemento científico e a democracia en materia de comunicación.
|