Sesión Inaugural
O profesor emérito da Universidade Autónoma Metropolitana de México e coordinador de estudos sobre a diversidade cultural da Unesco, Néstor García Canclini, inaugurou o Congreso coa conferencia "Retos científicos, compromisos sociales" (PDF). Foi presentado pola catedrática Pilar Diezhandino (PDF).
Na inauguración do evento estiveron presentes o reitor da USC, Senén Barro, o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño (PDF), a conselleira de Cultura e Deporte, Anxela Bugallo, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, o catedrático Enrique Bustamante en calidade de representante da Asociación Española de Investigación da Comunicación (PDF) e a Presidenta da comisión organizadora, a tamén catedrática Margarita Ledo (PDF).
|
|